Tríade é un proxecto de evolución poética, que abarca unha década de creación, a través de tres poemarios escolmados.
Dende ?A forza das cousas? (1996): poesía que atende o cotián, o ritmo vital dos días e das cousas.
En ?A historia que sabemos é vivir? (2000), os poemas acadan un perfil intimista. Vestixios que falan de periplos sentimentais e do mundo.
Ata os que marcan un cambio de estilo, máis conciso e incisivo, en ?De a diario e de leóns? (2006). Hai nestes poemas breves unha formulación imperativa que conclúe os versos.