Coma ben di no Limiar Suso Bahamonde ?Espirse no inverno é duro? e aínda así ?Escribo en primeira persoa? dende o convencemento de que ?Este é un xardín de augas excarceradas?, un remanso de ?Pozas primaverais onde baixan beber tódalas sedes?.
Mais ese recendo de ?Roupa branca e lenzaría vermella no único caixón da casa? acende a ?Lava orgástica derretida no padal dos desexos? entón, ?Doume e recíbote coma unha metáfora imposible? sabendo que ?A pel, é a razón última do ADN dun poeta?. E así, dende a loucura de facerme visíbel, pregúntome ?Por que o teu Sur quer derreter meu Norte??, ?Cantos graos pode soportar o xemer dun sopro de
alento?? ?Comerei a vida sen arrotar a fame do non libado? e farei por ?Chamarlle ás cousas polo seu nome?.
Ou ensinalas, do mesmo xeito que o fai a autora das fotografías, Ana Tomé.
Ela dá as puntadas precisas, no instante preciso, para encadernar o sentido do conxunto.
Ela fai da cronoloxía visual un sentir, coma a necesidade de reflectir nas súas creacións, ese ritual exotérico de premer o disparador, no intre xusto en que o instante se fai irrepetíbel.