CEREBRO EN MODO ON

CEREBRO EN MODO ON

Editorial:
GALAXIA EDITORIAL
Año de edición:
Materia
Biología
ISBN:
978-84-1176-609-8
Páginas:
112
Encuadernación:
Bolsillo
20,19 €

SIN STOCK - Disponible 1 semana
Añadir a la cesta

O que ninguén che contou sobre o cerebro: as emocións, a aprendizaxe, a memoria, os soños ou a saúde mental.
Como coidar o cerebro e como fortalecelo.


Un libro que pretende explicar o cerebro para a cativada; é iso posible? poden nenos e adolescentes entender a segreda andamiaxe onde nace a mente? Por suposto que si!

Sonia Villapol constrúe unha obra que combina rigor científico e linguaxe accesible, tendendo unha ponte entre a ciencia e a educación para que comprendamos como se forma o cerebro, un órgano extraordinariamente poderoso que fai posibles os nosos complexos comportamentos, pensamentos e accións.
A neurociencia, como aquí se amosa, ensínanos que o cerebro se vai esculpindo con cada experiencia: co apoio, coa emoción compartida, coa seguridade e cos hábitos de vida, e, nesta liña, a autora incorpora unha visión actual e necesaria do eixe cerebro-intestino-microbiota, froito das súas investigacións.